Monday 29 de April de 2024

A Policía Autonómica reforza a súa formación cun curso de rescate, rastreo e busca de persoas


O curso tivo unha duración de oitenta horas e consistiu na práctica de busca, rastreo e rescate de persoas desorientadas

O Grupo de Resposta Policial da Policía Autonómica (ERPOL) levou a cabo estes días un curso de rescate profesional en altura, espeleosocorro e barrancos, en aras de reforzar a súa preparación e especialización no salvamento e rescate e busca de persoas.

O curso superior de rescate e busca de persoas tivo unha duración de oitenta horas lectivas e consistiu na práctica de busca, rastreo e rescate de persoas desorientadas, que practican deportes de risco como barranquismo, escalada e espeleoloxía, entre outros; ou persoas que puideran ter sufrido algún accidente transitando por zonas de difícil acceso, como por exemplo, facendo sendeirismo